miércoles, 21 de abril de 2010

Pedimos a José Blanco que concrete os proxectos para a autopista AP-9

Hoxe os deputados galegos do Partido Popular presentamos de forma conxunta unha batería de preguntas relacionadas coa autopista AP-9, tras os anuncios feitos o pasado día 17 de abril polo ministro de Fomento, José Blanco, en Vigo e Santiago.

Tendo en conta anteriores anuncios dos socialistas non cumpridos, esiximos que o ministro informe en sede parlamentaria sobre o proxecto de ampliación da AP-9 na Ponte de Rande e tamén sobre a creación dun terceiro carril para cada sentido coa finalidade de dedicalo ao tráfico que se despraza desde Vigo ao Morrazo e viceversa, cun orzamento de 173,5 millóns de euros.

Pedimos que Blanco axilice o proxecto de ampliación da AP-9 na Ponte de Rande, sacándoo de inmediato a información pública, e esperamos que o ministro comprometa unha data certa para a licitación das obras e aclare cal é o cadro financeiro-orzamentario e o cronograma que manexa o Executivo socialista.

Igualmente, queremos que o Goberno confirme o proxecto de ampliación da AP-9 en Santiago, consistente na construción de dez quilómetros, valorados en 98 millóns de euros.

Dada a desconfianza provocada polas moitas veces que se fixeron anuncios que logo non se cumpriron, e debido á inaprazable necesidade de ampliar carriis na circunvalación de Santiago, queremos saber que data compromete o Goberno para a licitación das obras, o cadro financeiro-orzamentario que baralla e se o Executivo comprométese a que dentro desas obras de ampliación anunciadas en Santiago habilítese tamén un acceso directo á Cidade da Cultura, como mostra de compromiso do Estado con ese gran complexo.

Finalmente, reclamamos tamén ao ministro José Blanco que comprometa a construción de carriis adicionais libres de peaxe nas entradas das cidades da Coruña, desde a antiga peaxe da Barcala, e de Pontevedra.