sábado, 27 de marzo de 2010

Na presentación do libro, sobre o Ferrocarril en Galicia de X.C. Fernández





Onte o enxeñeiro ourensan Xosé Carlos Fernández Díaz, estivo na Cámara de Comercio de Ourense, presentando o seu libro O ferrocarril en Galicia-II ,que edita Ir Indo, a editorial de Bieito Ledo.

Foi presentado por Manuel Martínez Rapela, presidente da Comisión de Infraestruturas da CEG, e entre o público atopábanse profesionai preocupados polas nosas comunicacións como Emilio López e Fernando Martinez Lamas.

En primeiro lugar X. Carlos referiuse aos problemas dos servizos ferroviarios de Galicia, comezando polos relativos a longa distancia afirmando que Ourense necesita un servizo matinal que chegue a Madrid á primeira hora da tarde porque o vespertino que chega ás 21:10 horas non permite aproveitar a tarde en Madrid nin combinar voos a América do Sur nin para calquera outro destino importante.

Tamén aludiu aos servizos de media distancia afirmando que a Vigo non se pode ir antes das 09.00 horas.; a Santiago falta o mesmo servizo pois o que hai sae moi pronto na tarde e o último parte moi tarde. E a Lugo non hai ningún servizo.

Despois analizou as infraestruturas ferroviarias, comezando pola LAV da Meseta a Galicia, explicando o seu actual estado e prognosticando como data máis realista de entrada en servizo a do ano 2017.

Respecto da LAV a Santiago explicou que é a de mellor deseño e prestacións, e que se finaliza en decembro de 2011 tardaría en construír as súas 87 Km nada menos que 7 anos o que debe ser unha referencia para outros traxectos.

Referiuse a continuación á LAV que vai desde O Carballiño a Barro, de 54 Km que négase a denominar LAV Ourense-Vigo. Expuxo o seu desacordo co trazado elixido que chega aos 115 km, cando se fose directo sería só de 82 km, tamén cos seus custos e coa nula competividade dun servizo que en tempo tardaría 1 hora e quince minutos, moito máis que os 45 minutos que se pode tardar pola autovía.

Respecto da LAV Monforte-Ponferrada, X. Carlos mostrouse desconforme con que esa liña quede como está salvo unhas pequenas melloras como anunciou o Delegado do Goberno.

No relativo ao AVE Ourense-Lugo explicou como o Goberno viuse forzado a cambiar en xullo de 2009 o estudo proxectado polas súas deficiencias.

En terceiro lugar X. Carlos falou do transporte ferroviario de mercancías, recordando como nos anos 80 RENFE suspendeu a saída destes tráficos por Zamora e que desde entón todas as mercancías de Galicia, Norte, centro e Sur, dan un rodeo por León, tendo que pagar un sobrecusto de 160 Tm/Km. Propuxo volver á situación anterior de modo que ambas as saídas respondan aos seus tráficos naturais.


Finalmente referiuse a Ourense, como estación central do AVE de Galicia, manifestando que a esta cidade chegarán máis viaxeiros de Madrid (a tan só de 2 horas) e de Valladolid. E sobre a entrada na cidade de Ourense defendeu o soterramento das vías, que cualificou como unha obra moi barata, que elimina a barreira existente no barrio da Ponte e que liberaría superficie para os cidadáns.

Unha exposición moi interesante a de X. Carlos Fernandez, que nos debe chamar a reflexión, e a miña recomendación de lectura do seu extraordinario Libro que é un manual de necesaria consulta para todos os que senten interesados polo ferrocarril galego.

Noraboa.


http://www.laregion.es/noticia/120670/ave/ourense/vigo/

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2010/03/27/estudio-reclama-linea-ave-llegue-radial-anillo/423996.html

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2010/03/27/0003_8382839.htm