martes, 23 de marzo de 2010

O Congreso aproba, grazas os votos de PP e BNG, instar ó Goberno socialista a retirar o recurso á Lei de Caixas


Hoxe os socialistas quedáronse sos no Congreso na súa oposición á Lei de Caixas galegas. Os votos do PP apoiaron unha moción do BNG e chegaron a unha transacional entre PP e BNG que foi apoiada polo resto dos grupos políticos. A iniciativa, aprobada por 172 votos a favor, 170 en contra e unha abstención serve para que o Congreso dos Deputados instase ao Goberno a:

1. A retirada de forma inmediata do recurso de inconstitucionalidade á Lei de Caixas Galegas.

2. O respecto ás competencias autonómicas sobre Caixas de Aforro.

3. Manter a vixente natureza das caixas de aforro, entidades de crédito que teñen unha vocación social irremediablemente unida á súa actividade financeira, polo que precisan da súa eficiencia e solvencia.

4. Afirmar o seu papel de entidades financeiras básicas, vinculadas ao territorio, para así contribuír ao desenvolvemento socioeconómico das comunidades nas que teñen a súa sede social.

En nome do GPP insistí en que Galicia non admite que lle dean tratamento de autonomía de segunda cuestionando a constitucionalidade da súa lei, o que non se fixo coa vasca, a catalá ou a andaluza.

Resaltei que o que o Goberno socialista está impulsando é que todos os fondos e todos os aforros que xeraron os galegos e que fixeron crecer ás caixas galegas poidan pasar a estar ao servizo de entidades sen ningunha vinculación nin compromiso con Galicia.

Manifestei que é paradoxal que a Lei galega de caixas sexa inconstitucional a priori para o Goberno central, e en cambio, o Estatut de Cataluña sexa constitucional a priori.

Salientei que posibilitar unha fusión de Caixas paritaria, da que naza unha Caixa eficaz e solvente, é a mellor garantía para os seus traballadores, os impositores e todas e todos os galegos e recordei que partidos políticos, sindicatos, empresarios, etc, todos apoian a Lei de Caixas, é un clamor xeral da sociedade. Todos, excepto o PS de G, que apoia o recurso do Goberno.

Recordei que desde o Goberno de Galicia estase facendo o imposible por conseguir a retirada do recurso de inconstitucionalidade por parte do Goberno. Apostouse pola negociación, pero a deslealdade e a arbitrarieda con Galicia seguen presidindo a actitude do Executivo central e do Partido Socialista en materia de caixas de aforro.

Insistín en que as modificacións introducidas no texto da Lei galega de Caixas pretenden profundar tanto na modernización da representación territorial, institucional e privada, como na eficacia no funcionamento e o cumprimento das funcións das Caixas, pero que a resposta do Goberno central non puido ser máis desalentadora nin máis política, presentaron un recurso para intentar paralizar a súa aplicación nun momento decisivo, o que pode colocalas na situación idónea para que sexan absorbidas por entidades foráneas.

Afirmei que o recurso do Goberno é un recurso político e non xurídico, e fixen un chamamento ao Grupo parlamentario socialista para que cambien esa actitude e dixen: “ Ainda están a tempo de incorporarse á gran maioría social de Galicia, que require a defensa dunha unión igualitaria das súas caixas; unha fusión crave para o futuro dos nosos sectores produtivos e o progreso económico daquela Comunidade”.

Finalicei a intervención recordando as palabras do presidente da Xunta a pasada semana no Parlamento galego cando subliñou que "ser galeguista no século XXI tamén é propugnar que Galicia estea presente no mapa financeiro español. Debémoslles esa loita aos que no pasado deron forma coa súa intelixencia, co seu aforro, e co seu esforzo, a unhas entidades singulares que teñen a súa razón de ser no arraigamento territorial. Hai un compromiso co pasado, pero sobre todo unha convicción de que o futuro económico e social de Galicia será distinto con caixas ou sen elas”

http://www.lavozdegalicia.es/portada/index.htm

http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2010/03/24/0003_8376165.htm

http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2010/03/24/0003_8376166.htm

http://www.farodevigo.es/galicia/2010/03/24/congreso-insta-gobierno-retirar-inmediato-recurso-ley-cajas/423036.html

http://www.google.com/hostednews/epa/article/ALeqM5ja2gydDruK3XjW0n-mol5VL_wthA

http://www.abc.es/20100324/galicia-galicia/congreso-insta-gobierno-retirar-20100324.html

http://www.europapress.es/economia/finanzas-00340/noticia-economia-finanzas-amp-congreso-ordena-gobierno-retirar-inmediato-recurso-contra-ley-cajas-gallega-20100323205145.html

http://agalegainfo.crtvg.es/videos/?emi=9765&corte=2010-03-23&hora=20:40:04&canle=tvg1

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/BNG/PP/logran/Congreso/pida/Gobierno/quitar/recurso/elpepuespgal/20100324elpgal_2/Tes

http://www.anosaterra.org/nova/o-congreso-ordena-retirar-o-recurso-a-lei-de-caixas-.html



Ver intervención en directo

(Dende o minuto 02:32:23 ao 02:38:10)