domingo, 28 de febrero de 2010

Detencións de terroristas de ETA: unha estupenda noticia da que todos debémonos felicitar

Hoxe terminamos o mes de febreiro cunha gran noticia, pois o que está considerado, máximo responsable da organización terrorista ETA e dous dos seus secuaces, foron detidos en Normandía como consecuencia dunha brillante operación conxunta da policía francesa e das Forzas e Corpos da Seguridade do Estado.

É o momento de agradecer á República Francesa a súa colaboración e de felicitar ao Ministerio do Interior de España e moi especialmente á Garda Civil e á Policía Nacional, por este gran éxito.