Logo das vacacións de Nadal renovouse en Radio Voz Galicia, o habitual faladoiro dos xoves ás 8,30 horas no que comparto micrófonos con Xavier Carro e Francisco Jorquera, deputados ambos polo PSOE e o BNG, e que conduce Fernando Molezún.
Hoxe o moderador propúxonos falar do novo modelo de xestion aeroportuaria que presentou fai poucos días o ministro José Blanco no Congreso.
Na Comisión de Fomento do Congreso do día 12, na que tivo lugar esa comparecencia estaba eu presente así que puiden dar a miña opinión de primeira man sobre as liñas principais das reformas que se propón e que afectan en primeiro lugar á Seguridade Aérea á Navegación Aérea, á modernización do Sistema Aeroportuario e á participación da Comunidades Autónomas.
Neste sentido proponse dous instrumentos, os Comités Aeroportuarios como ámbito estable de participación e cooperación institucional e os Comités de Rutas,
Na miña intervención puxen de manifesto que Galicia pode e debe participar na xestión dous seus aeroportos, aínda que as competencias nestes momentos estean en mans do Goberno central e que a presenza neses Comités non puiden ser só algo testemuñal.
Tamén me manifestei sobre a polémica xerada pola intención de Fomento de introducir o sistema de programación de voos automatizado AFIS polo menos en doce aeroportos, en concreto aqueles con menos de 50 operacións diarias o que afectaría ás terminais de Alvedro e Peinador.
Dixen que baixo ningún conceto iso debe afectar a eses dous aeroportos que sirven ás grandes cidades da Coruña e Vigo, e áreas de influencia, con instalacións en fase de expansión e posibilidades de crecemento indubidables en nº de viaxeiros e operacións.
Afortunadamente onte o Ministro matizou as súas declaracións e asegura que non van deixar de contar con controladores aéreos para a ordenación e regulación dos seus tráficos.
Afortunadamente onte o Ministro matizou as súas declaracións e asegura que non van deixar de contar con controladores aéreos para a ordenación e regulación dos seus tráficos.
Terminei dicindo que desde o Partido Popular imos estar especialmente atentos ao desenvolvemento lexislativo e regulamentario deste novo modelo que sería bo que saíse consensuado.