viernes, 18 de diciembre de 2009

Aprobado o novo modelo de financiamento que non beneficia a Galicia.


Onte o Partido Popular votou en contra da reforma do sistema de financiamento autonómico.

Ademais tivemos a mala nova de que o Partido Socialista e os seus aliados rexeitaron a enmenda aprobada no Senado a petición de Galicia de incrementar ata os 250 millóns de euros a dotación dos recursos adicionais do novo modelo de financiamento autonómico para as comunidades con dispersión superior á media.

Unha vez mais conven recordar que a Comunidade galega ten a metade dos núcleos de poboación de España e polo tanto a mantemento dos anteriores 250 millóns modularía de forma notable os problemas de insuficiencia financeira ás que pode levar o novo sistema.

A Lei aprobada introduce restricións á redistribución de recursos entre territorios, posto que dependerán da súa necesidade e da súa capacidade fiscal, o que supón alonxarse do sistema actual no que a necesidade é a base do financiamento.

O sistema aprobado consagra a desigualdade dos españois e reduce a solidariedade interterritorial, no que a maioría dos recursos adicionais van parar ás Comunidades Autónomas máis prósperas.

E ademais limita a competencia fiscal e a autonomía financeira das CCAA.