jueves, 5 de noviembre de 2009

Rexeitadas as nosas enmendas para incrementar o investimento en Ourense



Onte na Comisión de Orzamentos do Congreso, o Grupo socialista rexeitou a totalidade das emendas que o PP presentou para incrementar en 187,70 millóns o investimento dos PGE do 2010 na provincia de Ourense.

Queixome especialmente de que os socialistas galegos non sexan capaces de aceptar ningunha da nosa propostas e, en cambio, acepten que Ourense sexa a provincia máis maltratada polo seu propio grupo nas emendas. Dos 15 millóns que o PSOE consigna vía emendas para Galicia, tan só 940.000 euros virán para a provincia de Ourense.

É especialmente rechamante que os socialistas non acepten incrementar nun só euro o investimento para a liña de AVE Lubián-Ourense, para a que só hai consignados 40 millóns e o PP pedía 50 millóns máis. Non esquezamos que se trata do treito esencial da entrada da alta velocidade en Galicia e que neste ano hai 254 millóns consignados que quedarán sen gastar na súa integridade.

Unha vez máis teño que recordar o altísimo nivel de inexecución orzamentaria do Goberno con Ourense xa que dos 450 millóns consignados nos PGE do 2009 para a provincia, existe a previsión - que oxalá non se cumpra - de que queden sen gastar ao redor de 300. Ademais de que a partida dedicada polo Goberno para o 2010 á provincia (427 millóns) xa é inferior en 27 millóns ao que se orzou este ano.

É sorprendente que os socialistas galegos non vexan conveniente emendar para incrementar a partida destinada á Autovía Ourense-Lugo, para a que pedíamos 30 millóns, do mesmo xeito que non pediron un só euro para unha vía altamente demandada polos ourensáns como é a Circunvalación norte de Ourense. Non é comprensible que non se pida nada para esta circunvalación e si para as da Estrada ou Pontevedra.

A próxima semana continuará o debate orzamentario no Pleno do Congreso