sábado, 24 de octubre de 2009

Traballo e austeridade, consignas na Interparlamentaria

Hoxe celebramos en Compostela a reunión da Interparlamentaria do PP de G, na que se integran os Deputados Nacionais, Senadores e os Deputados no Parlamento Europeo e no Parlamento de Galicia.

Intervimos Paco Millán, María Paz Lago, Manuel Ruiz e tamén eu.


En nome dos once deputados Galegos no Congreso fixen un repaso a nosa actividade política materializada por medio de 5.745 iniciativas. Din conta das enmendas os Presupostos Xerais do Estado para 2010.


Pero a intervención central foi a do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que propuxo reducir un 3 por cento o salario de todos os altos cargos da Xunta de Galicia, o cal suporá un aforro duns 2.000 euros anuais por persoa para as arcas galegas, 6.000 ó longo de toda a lexislatura.


Reclamou de todos nos "un código de funcionamento permanente coa austeridade e o compromiso cos electores". E afirmó: "Téñovos que pedir un esforzo, téñovos que pedir seguir traballando con máis intensidade e téñovos que pedir, si, máis austeridade"