sábado, 17 de octubre de 2009

"Setestrelo", unha referencia para todos


Hoxe, nunha soleada mañá, estiven en Maceda invitado por Francisco Novoa o acto de presentación do Premio a recuperación do hábitat rural e construccións adxectivas “Manuel Gómez Román"

Este ilustre persoeiro galeguista foi un Arquitecto defensor da arquitectura popular de Galicia.

O magnífico acto foi organizado pola Asociación de Amigos do Castelo de Maceda “Setestrelo” que naceu para dinamizar a vida cultural desa fermosa Vila e da súa contorna.

Unha Asociación comprometida co legado recibido dos nosos devanceiros e preocupada pola sua historia e a defensa do patrimonio cultural e lingüístico de Galicia.

Parabens a Franciso Nóvoa, un home emprendedor e comprometido ca sua terra, e longa vida a Setestrelo.