Como xa teño escrito en anteriores entradas o pasado 23 presentamos enmendas o proxecto de ley de PGE para 2010 e dentro das provinciais tivemos un especial coidado en reclamar mais investimento na comarca de Valdeorras.
Corresponden os seguintes proxectos:
Líña de Alta Velocidade Ponferrada- Valdeorras- Monforte.
Reclamamos 3 millóns de euros máis para a liña de AVE Ponferrada-Monforte, que atopase na fase de estudo informativo para a definición dunha líña na que se avalían distintas alternativas, sen que polo momento se teña adoptado nengunha solución en concreto.
Hai que lembrar que o estudo informativo foi adxudicado o 12 de xuño de 2003 e que máis de seis anos despois non se coñece nada. Todo indica que o Goberno socialista non ten vontade de executala.
Nos Orzamentos Xerais do Estado so recibe unha consignación de 80.000 euros, absolutamente insuficiente.
Ferrocarril Convencional: Mellora das conexións con Valdeorras.
Presentamos unha enmenda de Mellora dos Servicios de Longa Distancia desde Galicia de 15 millons de euros, na que, entre outras accións, se explicita que “se melloren os servizos de media distancia coas comarcas do interior de Galicia, como a de Valdeorras, en Ourense”
Autovía A-76 Tramo: Ponferrada-Ourense.
Actualmente se está realizando o informe para a información pública do estudio informativo, trámite que acumula unha forte demora. Unha vez que se termine o informe se remitirá todo o expedente o Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino para que emita a preceptiva Declaración de Impacto Ambiental. En tanto non se redacten os proxectos e se adxudiquen as obras non se poderá coñecer a data de finalización.
Nos Orzamentos Xerais do Estado so recibe unha consignación de 100.000 € no tamo ourensán. Unha cifra ridícula.
O PP plantexa unha enmenda de incremento en 2 millons de euros na provincia de Ourense. A enmenda pretende impulsar máis decididamente os trámites do proxecto da Autovía A-76 Ponferrada - Ourense.
Considero que esta autovía, de 150 km, é fundamental para a conexión de Galicia con Castilla y León e decisiva para a vertebración das provincias de Lugo, Ourense e da importante comarca do Bierzo e que, por moi complexas e custosas que foran as solucions técnicas, era imprescindible apostar decididamente por acelerar os plazos, xa que, ademáis, a actual N-120 está saturada e non da o servizo de calidade que merecen os cidadans.
Conexión entre as estradas N.120 e N.536 no Barco de Valdeorras
O Estudio Informativo foi aprobado definitivamente o 19 de maio de 2009. Con posterioridade dictouse Orde de Estudio para a redacción do proxecto de construcción. Nos meses vindeiros debería procederse á licitación para a redacción do proxecto.
Nos Orzamentos Xerais do Estado esta circunvalación só recibe unha consignación de 100.000 mil euros que non chegaría para esa finalidade.
Presentamos unha enmenda para que se incremente en 1,5 millons de euros. Resulta necesario acelerar esta conexión entre as estradas nacionais 120 e 538 no Barco de Valdeorras para así desafectar o núcleo desta populosa Vila do importante tráfico xerado polas explotacións de lousa da zona.
Conservación de Estradas e Seguridade Víal en Ourense:
Demandamos un total de catro millons de euros para este fin, para sí poder acometer actuacións na provincia e por suposto na comarca de Valdeorras.
Entre outras, para o comezo das obras de construcción dun acceso en A Rúa N-120, pk 465,910 ó 466,120. Os veciños da Rúa Vella no teñen na actualidade un acceso axeitado á estrada nacional N-120. O existente é muy estreito e dificulta o tráfico de vehículos de gran tamaño.
MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE
Saneamento do Río Sil.
Nos Orzamentos Xeráis do Estado non hai consignación algunha para esta finalidade. Presentamos unha enmenda para que se dote con 1 millón de euros.
Resulta urxente que o Estado participe nas obras de saneamento integral do gran Río Sil o seu paso por O Barco e en xeral pola comarca de Valdeorras coa construcción de colectores e estacións de augas residuais.
Actuacións Plan Pizarras 2007-2013 en Ourense
No proxecto de PGE para 2010 se consignan para as actuaciones do “Plan Pizarras 2007-2013” un total de 3,5 millons de euros, una cifra que está moi lonxe dos compromisos de inversión expresados pola ministra Elena Espinosa en outubro de 2008 cando visitou a comarca.
Pretendemos coa nosa enmenda incrementar o investimento en 3.5 millons de €.
MINISTERIO DE CULTURA
Santuario das Ermidas, O Bolo
Presentamos unha enmenda por importe de 200.000 € adicada a conservación e restauración deste Santuario da Nosa Señora das Ermidas en O Bolo, Ourense, unha das maiores xoias do barroco rural galego.
Vía Nova
Nos Orzamentos Xerais do Estado hai unha consignación na nosa provincia de tan só 8.500 €. Presentamos unha enmenda por importe de 1 millón de euros. É necesario e urxente a posta en valor deste gran camiño romano ao longo dos sectores ourensán e leonés, comprendendo as accións básicas de determinación precisa do trazado, limpeza e consolidación do mesmo, sinalización, labores de excavación e monumentalización dos grandes xacementos arqueolóxicos e a valorización turística e cultural desta ruta milenaria. Nesta comarca afectaría a A Rúa-Vilamartin-O Castro-Rubiá- O Porto- O Real-Picos de Oulego.