Hoxe estiven en Santiago invitado ao acto no que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presentou o Plan Move como un Plan de mobilidade que concibe Galicia como “unha cidade única” e que pretende achegar todos e cada un dos galegos entre si, aos servizos e ao conxunto de Galicia.
Está dotado con 4.265 millóns de euros, ten como premisas a mobilidade e a accesibilidade, e as previsións de execución do proxecto apuntan que mobilizará 70.000 empregos directos ata 2015 .
Unha importante aposta da Xunta pola mobilidade que non se esgota no Plan Move, senón que se estende á mellora da Alta Velocidade Ferroviaria, como quedou patente no Acordo Obradoiro para rematar as liñas do AVE a Galicia en 2015, coincidindo co horizonte temporal deste proxecto.
De especial interese é a anticipación e inclusión de novas propostas para a revisión do Plan Estratégico de Infraestructuras y Transporte (PEIT) estatal, que é unha tarefa na que traballarei desde o Congreso dos Deputados.
Unha boa iniciativa que supón tamén o cumprimento dun compromiso do noso programa electoral.