miércoles, 16 de septiembre de 2009

É imprescindible optimizar as tres terminais aeroportuarias para beneficiar aos galegos.

Este mércores no Congreso dos Deputados asistimos a un interesante debate promovido polo deputado coruñés do BNG Jorquera que interpelou ó Ministro de Fomento, o lucense Blanco sobre a situación do aeroportos galegos, as perspectivas de futuro e a xestión dos mesmos. O interpelante evidenciou a preocupación polo descenso no derradeiro ano e medio do número de pasaxeiros e operacións nos aeroportos galegos.

Xosé Blanco, sinalou que o seu departamento vai a propoñer de maneira inmediata a creación dun Comité de desenvolvemento de rutas aéreas para impulsar o tráfico nos aeroportos de Galicia.

Rápidamente o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, o popular Agustín Hernández, salientou que “dende a Xunta desexamos que Galicia aproveite a oportunidade de disfrutar dos aeroportos da comunidade” e engadiu que “temos que optimizalos para que os cidadáns se beneficien destas infraestruturas e que, en consecuencia permitan aumentar o número de usuarios”.

A realidade é que a Xunta vén reclamando unha participación activa aos efectos de coordinar todos os aeroportos de Galicia, xa que ao final trátase dun único aeroporto con tres terminais”

Agardamos pois que sexa convocada con inmediatez a citada reunión –na que participarán membros do Ministerio de Fomento, de Aena, da Consellería de Medio Ambiente e dos concellos da Coruña, Vigo e Santiago- e deste xeito, comezar a traballar na senda da optimización dos aeroportos.

En defintiva unha boa iniciativa que se concretará en próximas datas.