Hoxe martes, chegou ó Congreso o proxecto de lei de Presupostos Xerais do Estado para 2010 no que constan as sumas que se asignan a Galicia e que suponen unha rebaixa do investimento na nosa comunidade con respecto aos Presupostos deste ano e que ademais aumentan as cargas fiscais aos galegos.
A asignación de fondos para investir en Galicia no ano 2010 non medran nin se manteñen iguais aos deste ano, senón que se reducen de 2.145 milóns a 2.004.
Son uns presupostos “malos para os galegos”, e, especialmente para os que menos teñen, posto que, aparte de ser máis reducidos, tamén aumentan as cargas fiscais sobre o consumo, o que implica que os cidadáns terán que aboar como mínimo 600 euros anuais en concepto de impostos.
Ademais e criticable que a cantidade asignada a Galicia non compense aos galegos pola inexecución á que o Goberno central a someteu desde que Zapatero é presidente, é dicir, desde os últimos cinco anos, e que ascende a case 4.000 millóns de euros que poderían ter desbloqueado moitos proxectos clave para o desenvolvemento de Galicia. E co agravente de que encima aínda hai que pensar que parte do diñeiro que se asignou este ano correrá a mesma sorte se continúa a dinámica dos últimos anos e quedará novamente sen gastarse.
Zapatero volve a fallar aos galegos castigándoos con outra mala noticia en menos de catro meses. Trátase doutro varapao que se lle suma ao da deficiente financiación autonómica que Galicia recibirá do Estado e á débeda de 1.900 millóns que agora o Goberno central lle reclama aos galegos por culpa da falta de previsión e de atino do equipo de Zapatero ns estimacións presupostarias pasadas.
Galicia volve a saír perdendo cando é unha das comunidades autónomas que máis necesita dos fondos do Estado. A estas alturas, agardamos que a insufiente asignación de fondos para Galicia para o vindeiro ano se execute íntegramente e non se desvíen eses fondos a financiar infraestruturas en comunidades que non o necesitan só por ser da mesma cor política que o Goberno central.
Aproveitaremos o trámite parlamentario para primeiro pedir explicacións sobre as diferentes partidas e para facer enmendas os presupostos e melloralos.
Aproveitaremos o trámite parlamentario para primeiro pedir explicacións sobre as diferentes partidas e para facer enmendas os presupostos e melloralos.