Participo hoxe no ensaio clínico Combogal, impulsado pola Xunta para avaliar a mellor estratexia de vacinación fronte á gripe e á covid nas poboación de 65 ou máis anos, que continuou esta fin de semana nos 14 hospitais do Servizo Galego de Saúde sen cita previa.
O ensaio desenvolveuse este sábado e domingo no Hospital Universitario da Coruña, no Hospital Comarcal Virxe da Xunqueira de Cee, no Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, no Hospital Comarcal de Barbanza, no Hospital Arquitecto Marcide, no Hospital Lucus Augusti (HULA), no Hospital Comarcal da Mariña, no Hospital Comarcal de Monforte, no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), no Hospital Comarcal de Verín, no Hospital Comarcal de Valdeorras, no Hospital Público Álvaro Cunqueiro, no Hospital Provincial de Pontevedra e no Hospital Comarcal do Salnés.
Finalidade do estudo
O obxectivo do ensaio clínico Combogal é comprobar se unha vacina combinada fronte á gripe e á covid reduce o risco de hospitalización, complicacións e morte asociadas a estas infeccións, en comparación coa administración simultánea dunha vacina antigripal de alta dose e outra fronte á covid en inxeccións separadas.
A vacina combinada xa foi testada e autorizada, polo que o estudo busca determinar a estratexia de protección máis axeitada para a poboación maior. No

