Finalizaron os 15 días de campaña electoral levada a cabo polos candidatos, partidos, federacións, coalicións ou agrupacións en orde á captación de sufraxios e hoxe sábado descansamos na xornada de reflexión agardando á apertura mañá, 20-N, a las 9.00 horas dos colexios. Non pode por tanto hoxe difundirse propaganda electoral nin realizarse acto algún de campaña electoral xa que esta legalmente terminou. Poderán votar 38.728.356 electores nas eleccións a Cortes Xerais. Deles, 35.958.711 residen en España e 2.769.645 no estranxeiro. Dos electores residentes en España, 1.615.127 poderán participar por primeira vez nunhas eleccións xerais, por cumprir 18 anos desde la anterior votación a Cortes Xerais, celebrada o 23 de xullo de 2023. En Ourense poderán votar 360.252 electores, deles 249.128 residentes na provincia e 111.124 no exterior.
