lunes, 23 de noviembre de 2026

Con Limiar na Entrega de Insignias e Recoñecementos ao Mérito Veciñal


Asisto hoxe no Liceo Recreo Ourensano, a acto de Entrega de Insignias  e Recoñecementos ao Mérito Veciñal, un acto co que a Federación Provincial de Asociacións Veciñais de Ourense LIMIAR  distinguiu a persoas e colectivos que contribúen ao desenvolvemento social, cultural e asociativo da nosa provincia.


Nesta vixésima edición, a Federación concedei dúas insignias e tres placas ao Mérito Veciñal, recoñecendo diferentes formas de compromiso coa sociedade. 


Insignia Colectiva – Solidaridad Motera Ourense


O colectivo recibiu esta distinción polo seu destacado labor solidario e humanitario, desenvolvido a través de campañas de recollida de alimentos, roupa e xoguetes, iniciativas de apoio á infancia e colaboración con familias en situación de vulnerabilidade.


O seu traballo demostra como unha paixón compartida pode converterse nunha ferramenta de solidariedade e axuda ás persoas que máis o necesitan.


Insignia Individual – José Luis Rodríguez Cid


LIMIAR recoñeceu a súa dilatada traxectoria no asociacionismo cultural e veciñal, vinculada aos inicios da Sociedade Cultural Albor do Couto, da que foi primeiro secretario. 


A distinción tamén pon en valor o seu compromiso coa recuperación, defensa e promoción da Vía da Prata–Camiño Mozárabe e a súa contribución á conservación e difusión do patrimonio histórico e cultural ourensán


Placa ao Mérito Veciñal – Xabier Pérez Gallego


Foi distinguido polo seu compromiso coa educación ambiental e coa recuperación

do patrimonio a través dos proxectos desenvolvidos no CEIP Padre Crespo de Xunqueira de Ambia.


Entre estas iniciativas destacan a recuperación do Pasal dos Pelamios, a

transformación de espazos degradados en zonas educativas e ambientais e o

recoñecemento obtido polo centro no programa Voz Natura.


Placa ao Mérito Veciñal – Senén Rodríguez Vázquez


A Federación recoñeceu a súa longa traxectoria no movemento veciñal, ao que

permanece vinculado dende os 13 anos.

Foi presidente da Asociación Veciñal Santa Teresita do Vinteún e actualmente

desempeña o cargo de tesoureiro da Federación LIMIAR, mantendo unha dedicación

constante á participación cidadá e á defensa dos intereses da veciñanza.


Placa ao Mérito Veciñal – Asociación Veciñal O Polvorín 


A nova directiva desta asociación recibiu un recoñecemento especial pola recuperación da actividade veciñal no barrio, tras un período de inactividade. Con esta distinción, LIMIAR quere poñer en valor a incorporación de mulleres e persoas novas ao movemento asociativo, así como transmitir unha mensaxe de apoio e ánimo para que continúen desenvolvendo o seu proxecto coa mesma ilusión e compromiso.


Un acto de recoñecemento ao movemento veciñal 


A cerimonia foi presentada por Milagros Sierra e contou con actuacións musicais en directo de gaitas e piano, ademais da entrega dos distintos galardóns.


A Federación LIMIAR, presidida por José Luis Lorenzo Blanco, celebrou con esta

vixésima edición unha nova cita de recoñecemento público ás persoas e entidades

que contribúen, co seu esforzo e dedicación, a fortalecer a participación, a convivencia e a solidariedade en Ourense.