O Servizo Público de Emprego Estatal
(SEPE) difundiu hoxe os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao
mes de agosto de 2026.
Galicia
O mercado laboral galego acaba o mes de setembro con 112.437 persoas paradas medrando en relación co mes anterior en 2.746 persoas (2,50 %). Este dato prodúcese nun contexto no que inflúen a finalización de contratos do verán e tamén o proceso extraordinario de regularización, que continuará incorporando persoas ás estatísticas de paro nos vindeiros meses.
Na
comparativa interanual, o paro baixou en 648 persoas (-0,57 %).
Por sectores, 3.115 son da agricultura,
10.213 da industria, 6.389 da construción, 79.790 dos servizos e 12.930 do
colectivo sen emprego anterior.
Ourense
Medra
o paro rexistrado en agosto na provincia de Ourense en relación co mes anterior
en 287 persoas, un 2,15 %.
O número
de parados queda en 13.645 deles 5.439 son homes e 8.206 mulleres, 12.841 son maiores de 25 anos e 804 menores.
Por
sectores, 601 son da agricultura, 1.301 da industria, 724 da construción, 9.189
dos servizos e 1.830 do colectivo sen emprego anterior.
Na
comparativa interanual, o paro baixou en 257 persoas (-1,85 %).
