miércoles, 28 de octubre de 2026

EPA III Trimestre de 2026: A taxa de paro aumentou en Galicia en 1,2 puntos porcentuais en termos interanuais e en 1,3 puntos respecto do trimestre anterior, situándose no 9,2 %




O INE difundiu o pasado luns a
Enquisa de poboación activa correspondente ao segundo trimestre de 2026. Estos son os principais resultados procesados polo IGE e referidos a Galicia:

1 Poboación en relación coa actividade económica

No terceiro trimestre, a poboación activa de Galicia rexistrou unha variación interanual do 2,5 %, situándose en 1.313.900 persoas. En paralelo, o número de persoas ocupadas experimentou unha taxa de variación interanual do 1,2 %, ata acadar as 1.193.400 persoas. O colectivo de persoas paradas aumentou un 17,4 % interanual no mesmo intervalo temporal, quedando en 120.500 persoas. Este incremento do número de persoas paradas corresponde principalmente a persoas que buscan o seu primeiro emprego ou que deixaron o seu último emprego fai máis dun ano.

En relación co trimestre anterior o número de ocupados aumenta en 21.400 persoas e o de parados en 19.400.

Nos últimos dez trimestres, a taxa de variación interanual da poboación ocupada en Galicia situouse, en xeral, por debaixo da rexistrada no conxunto de España. Tras dous trimestres cunha taxa similar á española, no trimestre actual a taxa galega sitúase 1,7 puntos por baixo da española.

2 Poboación activa

A taxa de actividade subiu no terceiro trimestre en 0,8 puntos porcentuais respecto ao mesmo período do ano anterior, situándose no 54,6 %. No caso dos homes, a taxa aumentou en 1,4 puntos porcentuais ata alcanzar o 58,0 %, mentres que entre as mulleres aumentou 0,2 puntos porcentuais, situándose no 51,4 %. Con respecto ao pasado trimestre, a taxa de actividade aumenta en 1,6 puntos.

A Taxa de actividade de Ourense foi do 47,04 %.

3 Poboación ocupada

O número de persoas ocupadas en Galicia aumentou no terceiro trimestre un 1,2 % respecto ao mesmo período do ano anterior, situándose en 1.193.400 persoas. A poboación ocupada feminina aumentou un 0,8 %, mentres que a masculina aumentou o 1,5% no mesmo período. Deste xeito, a poboación ocupada masculina, con 607.800 homes, é superior á feminina, que suma 585.500 mulleres.

Por grupos de idade, os incrementos anuais rexístranse nos colectivos de 55 e máis anos (6,3 %) e de 16 a 24 anos (8,4 %). O número de ocupados de 25 a 54 diminúe un 1,0 % no período.

Segundo a situación profesional, o 83,03 % da poboación ocupada en Galicia no primeiro trimestre é asalariada. Deste total, o 64,25 % corresponde ao sector privado e o 18,78 % ao sector público. Pola súa banda, os traballadores independentes e os empresarios sen asalariados representan o 11,36 %, mentres que os empresarios con persoal asalariado supoñen o 4,91 %.

4 Poboación parada

A taxa de paro aumentou no terceiro trimestre en Galicia en 1,2 puntos porcentuais en termos interanuais e en 1,3 puntos respecto do trimestre anterior, situándose no 9,2 %. A taxa de paro masculina subiu en 2,1 puntos porcentuais, situándose no 9,1 %, e a taxa de paro feminina quedou no 9,2 %, cun aumento interanual de 0,2 puntos porcentuais.

O número de persoas paradas en Galicia ascende a 120.500, cun aumento do 17,4% en termos interanuais e do 19,2% en termos intertrimestrais. Deste total 60.900 son homes e 59.600 son mulleres.

O incremento do número de persoas paradas corresponde fundamentalmente a persoas que buscan o seu primeiro emprego (10.900 persoas), ou que deixaron o seu último emprego fai máis dun ano (7.500 persoas).

A taxa de paro en Galicia mantívose por debaixo da española nos últimos 11 trimestres. Neste trimestre a taxa galega situouse no 9,2%, un punto porcentual por debaixo da taxa a nivel estatal (10,2%).

A Taxa de paro de Ourense foi do 9,59 %.

Fonte: INE. Enquisa de poboación activa. Procesada polo IGE