jueves, 10 de septiembre de 2026

Allegue: "Queremos unha AP-9 galega, pero non unha factura que non corresponde aos galegos e que agora, o PSOE e o BNG pretenden que asumamos"


Onte no pleno do Parlamento de Galicia o deputado do PP de G, Roberto Rodríguez formulou una pregunta oral relativa a la valoración de la Xunta sobre el texto aprobado por el Congreso de los Diputados en relación con la transferencia de la AP-9 a Galicia.

Respondió la Conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Allegue de este modo no seu primeiro turno:
 

“A posición da Xunta de Galicia sobre a transferencia da AP-9 foi, é, e seguirá sendo inequívoca:

Queremos unha AP-9 galega, SI!

ISO sí , non queremos calquera transferencia. Queremos unha transferencia plena, con garantías e correctamente financiada.

QUEREMOS unha transferencia acompañada de dotación económica e técnica necesaria para a correcta xestión. QUEREMOS  A TRANSFERENCIA QUE GALICIA ACORDOU NESTA CÁMARA POR UNANIMIDADE, NON ESE TEXTO totalmente deturpado por PSOE e BNG co que nos atopamos agora.

E esa diferenza é fundamental.

Miren, durante anos fomos capaces de construír neste Parlamento unha posición unánime de país

Pero cando esa proposta chegou debaterse en Madrid -non sen dificultades, lémbrolles que o debate se adiou ata en 60 ocasións na Mesa do Congreso- PSOE, BNG e Sumar (que pasaba por alí) decidiron MODIFICAR, ELIMINAR, aspectos esenciais do texto que saíra de Galicia.

O PSOE e o BNG eliminan garantías moi importantes.

Desaparece expresamente a obriga do Estado de asumir a supresión do incremento acumulativo do 1 % anual das tarifas; desaparecen expresamente as garantías suficientes para financiar futuras bonificacións; desaparece expresamente a obriga estatal de asumir futuras actuacións e investimentos na autoestrada; e elimínase a garantía expresa fronte ás consecuencias económicas que poderían derivarse dunha eventual nulidade das prórrogas da concesión!!!.

Señorías, a LO aprobada en Madrid non é só que presente incertezas e claras ambigüidades, senón que ten claros indicios de inconstitucionalidade.

Atribúen a un acordo posterior da comisión mixta  a quen corresponden as obrigas financieiras en cada caso.

Establece textualmente que os límites económicos para o Estado serán os vixentes á data da aprobación da comisión mixta.

Por iso solicitamos desde a Xunta formalmente a convocatoria da Comisión Bilateral de Cooperación entre o Estado e Galicia:

Non teríamos que ter chegado ata aquí se mantivéramos o texto aprobado pola Cámara Galega.

Pero esta é a situación na que nos atopamos agora,  e que dilata a verdadeira e viable transferencia da AP 9 a Galicia.  Así que acudiremos á Comisión Bilateral que tivemos que solicitar. Un paso co que non contabamos...para resolver as discrepancias e garantir unha transferencia con plena seguridade xurídica e financeira.

Cómpre resolver e aclarar as discrepancias sobre o texto e asegurar que Galicia non herde hipoteca económica algunha.

Eu fágome unha pregunta : por qué o PSOE e o BNG non defenden en Madrid  o mesmo que defenderon en Galicia ? Máis nada de momento.”

E no turno de peche dixo:

"Señores deputados. Creo que hai unha pregunta moi sinxela que PSOE e BNG deberían responder: se as condicións desta transferencia son tan boas para Galicia,

Por que un texto vale en Galicia e non en Madrid?. Por que teñen problema en recuperar expresamente as garantías que figuraban no texto aprobado polo Parlamento galego?

Se Galicia non vai asumir eses custos, POÑÁMOLO POR ESCRITO!! Que quede constancia!!

Se o Estado vai asumir as consecuencias dunha eventual nulidade das prórrogas da concesión, POÑÁMOLO POR ESCRITO. Non terán problema.

Se o Estado vai asumir as actuacións e investimentos que necesita a AP-9, POÑÁMOLO POR ESCRITO.

Se se van garantir os recursos necesarios para ampliar as bonificacións, POÑÁMOLO POR ESCRITO.

E se Galicia non vai pagar as consecuencias de decisións tomadas polo Estado antes da transferencia, POÑÁMOLO TAMÉN POR ESCRITO.

Estas son precisamente as cuestións que identificamos como riscos reais que deben quedar aclarados antes de culminar o proceso do traspaso.

Iso é o que queremos discutir na Bilateral. Resolver con anterioridade as discrepancias existentes.

-         Pretendemos que o traspaso non sexa un lastre para Galicia

-         Pretendemos garantir a seguridade xurídica que presupón a unha LO

-         Queremos brindar a norma fronte a ambigüidades  e eliminar calquera marxe de discrecionalidade que poida haber .

Queremos que, unha vez convocada a comisión mixta de transferencias, ésta poida traballar nun MARCO CERTO E SEGURO.

Sería profundamente irresponsable aceptar hoxe unha transferencia e descubrir mañá que Galicia ten que asumir miles de millóns de euros derivados de decisións que non tomou.

A Xunta leva máis dunha década reclamando formalmente esta transferencia.

Xa o fixo na Comisión Bilateral Estado-Xunta de febreiro de 2010 e posteriormente a través de sucesivas iniciativas impulsadas desde o Parlamento de Galicia.

Así que non aceptamos leccións sobre se queremos ou non queremos a transferencia. Querémola! É evidente!!

Queremos a titularidade e as competencias, pero tamén os recursos necesarios para exercelas. Queremos que se respecte a vontade e o acordo deste Parlamento.

Queremos unha AP-9 galega, pero non unha factura que non corresponde aos galegos e que agora, o PSOE e o BNG  pretenden que asumamos.

Por iso volvo dirixirme ao PSOE e ao BNG: RECTIFIQUEN!! E POÑÁMOLO POR ESCRITO!!

MOITAS GRAZAS.”