Un exemplo da promoción da arte en espazos públicos que está a facer a Xunta para fomentar a dinamización e participación cultural.
Esta pintura muralista de Lula Goce sitúase nun espazo que forma parte da vida cotiá da veciñanza de Baiona, un lugar de encontro, de paseo, de conversa e de desfrute á beira do mar.
A actuación de remodelación deste peirao é resultado dun convenio de colaboración entre o ente público Portos de Galicia, o Concello de Baiona e a Fundación Sabadell. Pola súa parte, o Concello de Baiona encargouse de tramitar os permisos para a actividade e organizar e supervisar o desenvolvemento da mesma a o tempo que elaborou o proxecto artístico, a través dun proceso participativo no que finalmente seleccionou a artista Lula Goce.