miércoles, 5 de agosto de 2026

Galícia rexistrou o menor número de persoas desempregadas nun mes de xullo de toda a serie, con 107.322 persoas paradas


Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) difundiu onte os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de xullo de 2026.  

Galícia rexistrou o menor número de persoas desempregadas nun mes de xullo de toda a serie, con 107.322 persoas paradas.


A nivel interanual o paro rexistrado, descende un 0,5 % con respecto a xullo de 2025, o que supón 536 persoas desempregadas menos e encadea a 64ª baixada interanual consecutiva do desemprego. 


A redución do paro anual esténdese a todos os sectores de actividade, liderada pola construción (-7,17 %) seguida do sector primario (-6,45 %), da industria (-2,60 %) e dos servizos (-1,70 %). En relación cos colectivos prioritarios, tanto as mulleres como as persoas paradas de longa duración acadan o menor nivel de desemprego para un mes de xullo de toda a serie histórica (desde maio de 2005). No caso das mulleres, o paro redúcese en case 600 persoas (-0,93 %) con respecto ao ano anterior; entre as persoas paradas de longa duración, a baixada é de arredor de 400 persoas (-0,74 %).