miércoles, 12 de agosto de 2026

Vendo o eclipse desde a praia da Concheira en Baiona




Centos de persoas observamos desde a praia da Concheira e o paseo Pinzón de Baiona a eclipse solar que non foi dunha totalidade completa como nas zonas máis favorables do norte galego, pero si unha eclipse parcial moi profundo, co Sol case cuberto ao cabo da tarde. Ás 20.08, alcanzado aproximadamente o 50%, empezou a sentirse que anoitecía e comezou a refrescar. Seguimos o avance da eclipse protexidos polas lentes mentres a luz continuaba debilitándose.
O momento determinante chegou ás 20.30 en punto. A Lúa ocultou entón o 99,36% do sol, o máximo que podía contemplarse desde Concheira. A resposta do público na praia foi inmediata: aplausos.
Durou apenas un instante. Alcanzado o máximo, comezou o camiño inverso. Aos poucos, a Lúa empezou a devolverlle terreo ao Sol e Baiona comezou a recuperar a luz e a temperatura.