sábado, 11 de julio de 2026

O PPdeG lembrou a Miguel Ángel Blanco no 29º aniversario do seu asasinato a mans da banda terrorista ETA


O PPdeG lembrou a Miguel Ángel Blanco no 29º aniversario do seu asasinato a mans da banda terrorista ETA.
 

Xunto ao alcalde da Merca, José Manuel Garrido, a secretaria xeral dos populares galegos, Paula Prado, acompañada pola secretaria xeral da provincia de Ourense, Sandra Quintas,  e outros representantes políticos como eu, participou no acto institucional organizado polo Concello da Merca, a localidade natal do que foi concelleiro do PP de Ermua. 


Os populares sumáronse á veciñanza nunha misa solemne na igrexa parroquial de San Xes de Faramontaos e na ofrenda floral, onde se honrou a memoria do político vasco con profundas raíces galegas e a súa loita por manter “os valores da democracia e da liberdade” fronte aos “radicalismos” e as súas “terribles consecuencias”.

 

Así o expresou a número dous dos populares galegos na conmemoración do 29º aniversario da morte de Miguel Ángel Blanco, poñendo en valor o compromiso do PPdeG por respectar “o legado de quen nos deixou un exemplo moral e de coraxe democrático”, lembrando que se deixou a vida “por defender as liberdades”. 


Neste sentido, criticou aos partidos que “esquecen” o significado da banda terrorista ETA, que asasinou a 68 galegos, e lamenta que a esquerda pacte con partidos coma Bildu, “herdeiros de quen sementou o terror no noso país e arrincou liberdades” e, sen embargo, “non esixan un perdón para as vítimas e as súas familias”.




 


https://ppdegalicia.com/es/o-ppdeg-recorda-a-miguel-angel-blanco-no-29o-aniversario-do-seu-asasinato-a-mans-de-eta-e-critica-a-esquerda-que-pacta-cos-herdeiros-de-quen-sementou-o-terror-e-arrincou-liberdades/