O pasado venres visitei o Centro Integral de Loita contra o Lume (CILL), situado no municipio ourensán de Toén, que é un referente internacional para a formación, a cooperación e a investigación en materia de incendios forestai, un centro no que a Xunta leva investidos máis de 3,5 millóns de euros.
Dispón dun centro administrativo e de formación das brigadas forestais no que se centraliza tanto a formación continua de bombeiros forestais como a instrución de novos profesionais neste eido. Ademais, é um referente no eido da cooperación internacional, ao estar pensado para poñerse a disposición de profesionais de toda Europa e contar cos maiores especialistas no comportamento e análise dos incendios. conxunta.
A formación é tanto teórica como práctica, con cursos de preparación física, de condución de vehículos todo terreo ou de manexo de motobombas.
E tamén contará cunha aula medioambiental para formar estudantes de toda Galicia e para concienciar á sociedade sobre o traballo dos profesionais contraincendios como defensores do monte.





