Hoxe o Parlamento de Galicia aprobo unha PNL do Grupo Parlamentario Popular sobre a proposta de resolución que se presenta co fin de reclamar a convocatoria de eleccións xerais e mais a demanda que a Xunta debe trasladar ao Goberno central en relación coa corrupción que está a afectar ao PSOE.
Está é a Resolución:
1º. Censurar a anomalía que supón non ter realizado en toda a lexislatura ningún dos dous procedementos democráticos que permiten comprobar se o Goberno de España conserva a confianza parlamentaria: a tramitación da Lei de Orzamentos Xerais do Estado e a celebración dun Debate sobre o Estado da Nación no Congreso coa consecuente votación de resolucións sobre o programa do Goberno.
2º. Constatar o bloqueo político no que se instalou a actual lexislatura, cun Goberno estatal que non logrou aprobar nin unha soa Lei de Orzamentos e cunhas Cortes Xerais que aprobaron o menor número de iniciativas lexislativas en 33 meses de todas as lexislaturas do actual período democrático.
3º. Constatar a necesidade de que o Goberno de España e o seu presidente asuman as responsabilidades políticas necesarias polos múltiples casos de corrupción que se investigan en relación coas súas actividades e coas do PSOE e que desembocaron na investigación por distintos delitos de corrupción dos dous secretarios de Organización do PSOE designados por Pedro Sánchez e de numerosos altos cargos do Goberno, incluído o exministro de Transportes.
4º. Amosar a vontade da Cámara galega de que o presidente do Goberno de España propoña a disolución das Cortes Xerais e proceda á inmediata convocatoria de eleccións xerais, de conformidade coa prerrogativa que lle confire a lexislación vixente, de tal xeito que os cidadáns poidan pronunciarse democraticamente sobre a situación política actual e determinar a composición dun novo Goberno con respaldo suficiente para afrontar os retos do país.
Asemade, insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para requirirlle que depure responsabilidades en relación coa operación que presuntamente implica altos cargos e ex altos cargos do Goberno de España en actuacións financiadas polo PSOE para entorpecer as investigacións xudiciais e policiais que afectan ao Goberno, ao PSOE e á contorna familiar do presidente Sánchez."
No debate desta PNL a secretaria xeral do PPdeG e viceportavoz do Grupo Parlamentario Popular, Paula
Prado, dixo, que o Goberno central está máis preocupado por resolver os
problemas xudiciais da familia de Pedro Sánchez e do PSOE que dos cidadáns:
“Esta goberno non goberna, simplemente, está no goberno”.
Así,
ante un executivo “finiquitado”, volveu reclamar a inmediata convocatoria de
eleccións xerais para que os españois poidan pronunciarse democraticamente
sobre esta situación “inasumible”. Neste punto, Paula Prado denunciou o bloqueo
político no que está instalada a actual lexislatura, sen ningún impulso para as
políticas públicas, e un presidente incapaz de aprobar as contas e, tamén, de
rendelas. E é que nin remitiu ao Congreso nin un só proxecto de Orzamentos
Xerais, nin celebrou, tampouco, ningún Debate sobre o Estado da Nación. Pola
contra, ostenta o récord da iniciativa lexislativa máis pobre de toda a nosa
historia democrática.
Para
a secretaria xeral dos populares, Pedro Sánchez permanece “atrincherado” na
Moncloa, porque “sabe que a rúa lle deu as costas”: “Continúa porque necesita
gañar tempo para defenderse, para resistir e para tapar os escándalos”. E
instouno a que asuma as responsabilidades políticas polos múltiples casos de
corrupción que se investigan en relación coas súas actividades e co PSOE. Neste
punto, cualificou de “demoledora” a realidade: 126 imputados, unha cifra que
supera o número de deputados socialistas.
Para
rematar, a viceportavoz popular, ademais da corrupción económica e pública,
fixo referencia á “corrupción moral” ao afear o falso feminismo que socialistas
e nacionalistas galegos practican, ao actuar sen ningunha contundencia contra o
ex presidente da Deputación de Lugo e actual alcalde de Monforte de Lemos, José
Tomé: “O PSdeG sigue abrazando ao señor Tomé e o BNG é cómplice”. “Así resulta
difícil recibir leccións de feminismo de calquera de vostedes”, concluíu.
