ANA MÉNDEZ: “PRESÉNTOME PARA ABRIR UNHA NOVA ETAPA NA CIDADE”
Ana Méndez asegurou que non se presenta como candidata só a optar a Alcaldía de Ourense, senón “cunha convicción firme: abrir unha nova etapa para a miña cidade. Porque Ourense merece moito máis”.
Para Méndez, Ourense “merece un goberno que planifique e non improvise, que fale claro e non se esconda, que resolva problemas en lugar de instalarse nas escusas, no ruído e no espectáculo”.
Sinalou que a cidade “merece tamén recuperar a ilusión, a ambición e a certeza de que pode volver ocupar o lugar que lle correspond”, polo que hoxe “empezamos a construír xuntos e xuntas o futuro de Ourense”.