O INE difundiu a Enquisa de poboación activa correspondente ao segundo trimestre de 2026
1- Poboación en relación coa actividade económica
No segundo trimestre, a poboación activa de Galicia rexistrou unha
variación interanual do 0,1 %, situándose en 1.273.100 persoas. En paralelo, o
número de persoas ocupadas experimentou unha taxa de variación interanual do
0,6 %, ata acadar as 1.172.000 persoas. O colectivo de persoas paradas diminue
un 4,7 % interanual no mesmo intervalo temporal, quedando en 101.100 persoas.
En
relación co trimestre anterior o número de ocupados diminúe en 6.100 persoas e
o de parados en 14.900.
Nos últimos dez trimestres, a
taxa de variación interanual da poboación ocupada en Galicia situouse, en
xeral, por debaixo da rexistrada no conxunto de España. Tras dous trimestres
cunha taxa similar á española, no trimestre actual a taxa galega sitúase 1,7
puntos por baixo da española.
2- Poboación
activa
A taxa de actividade baixou no
segundo trimestre en 0,3 puntos porcentuais respecto ao mesmo período do ano
anterior, situándose no 53 %. No caso dos homes, a taxa diminuíu en 0,8 puntos
porcentuais ata alcanzar o 55,9 %, mentres que entre as mulleres aumentou 0,2
puntos porcentuais, situándose no 50,4 %. Con respecto ao pasado trimestre, a
taxa de actividade diminúe en 1,2 puntos.
3-Poboación
ocupada
O número de persoas ocupadas en
Galicia aumentou no primeiro trimestre un 0,6 % respecto ao mesmo período do
ano anterior, situándose en 1.172.000 persoas. A poboación ocupada feminina
aumentou un 1,7 %, mentres que a masculina diminuiu o 0,5% no mesmo período.
Deste xeito, a poboación ocupada masculina, con 587.000 homes, é lixeiramente
superior á feminina, que suma 585.000 mulleres.
4- Poboación
parada
A taxa de paro diminuiu no segundo trimestre en Galicia en 0,4 puntos porcentuais en termos interanuais e en 1,1 puntos respecto do trimestre anterior, situándose no 7,9 %. Esta taxa é a máis baixa desde o ano 2008. A taxa de paro masculina baixou en 0,2 puntos porcentuais, situándose no 8,4 %, e a taxa de paro feminina quedou no 7,5 %, cunha diminución interanual de 0,5 puntos porcentuais.
O número de persoas paradas en Galicia ascende a 101.100, cun descenso do 4,7% en termos interanuais e do 12,8% en termos intertrimestrais . Deste total, 53.600 son homes e 47.500 son mulleres.
A taxa de paro en Galicia mantívose por debaixo da española nos últimos
10 trimestres, situándose no segundo trimestre de 2026 2 puntos porcentuais por
baixo da española, ao situarse no 7,9%, fronte ao 9,9% a nivel estatal.
Galicia
Ocupados 1.172.000
Parados 101.100
Taxa de actividade 53,02 %
Taxa de paro 7,94 %
Ourense
Ocupados 113.000
Parados 12.800
Taxa de actividade 46,08%
Taxa de paro 10,20 %
