O pasado
mércores 17 de xuño de 2026 pola tarde e noite unhas tormentas moi intensas
descargaron sobre o oriente ourensán, especialmente en Viana do Bolo, causando
riadas repentinas, inundacións,cortes de estradas, etc. Resultaron moi
afectadas as aldeas da Bouza, Pradocabalos, Pixeiros e O Castro. Houbo vivendas
alagadas, veciños incomunicados, danos en tendidos eléctricos e cortes de
estradas como a OU-533.
Tamén houbo graves incidencias nas comarcas de Valdeorras e Verín.
En Vilamartín
de Valdeorras, os danos máis importantes
afectaron as núcleos como Arcos, Portela e O Mazo, onde se rexistraron
inundacións e danos en vivendas, baixos e adegas, así como infraestruturas
locais, por exemplo anos na rede de abastecemento de auga. Tamén se produciu o
corte da N-120, especialmente á altura de Arcos, polo desbordamento do río Farelos
e a acumulación de auga sobre a calzada.
Hai que
precisar que con anterioridade houbo avisos de Axencia Estatal de Meteoroloxía
e de Meteogalicia advertindo durante xuño de tormentas localmente fortes en
zonas montañosas de Ourense, con posibilidade de saraiba, abundante aparello
eléctrico e refachos intensos de vento.
Ante estes
importantes danos as Admjnistraciones públicas reaccionaron. O conselleiro de
Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou hoxe no municipio
ourensán de Vilamartín de Valdeorras os lugares afectados polas intensas
chuvias desta semana. En concreto, desprazouse á localidade de Arcos e á zona
afectada polo desbordamento do río Leira.
Tamén a Xunta traballou para reparar os
danos causados polas choivas no pontón da OU-533 ao paso polo concello de Viana
do Bolo para que todo volvera á normalidade o antes posible.
Salientar o traballo da Deputación provincial, movilizando medios materiais e humanos ante os danos en carreteras provinciais, coordinardonse con outras administracions.