O PPdeG lamenta
a “consumación do pacto da traizón” de PSOE, BNG e Sumar co seu apoio a unha
transferencia da Autroestrada do Atlántico (AP-9) a Galicia “rebaixada e sen
garantías”, rachando co acordo unánime aprobado polo Parlamento de Galicia, que
“si respectaba a vontade dos galegos e galegas”. O deputado popular Pedro Puy
defendeu hoxe no Congreso a postura do PPdeG para esixir que se retome a proposta
inicial que contou co apoio de tódolos partidos na Cámara galega e advertiu novamente
das consecuencias deste texto “deturpado”, con condicións “inviables” para
Galicia nos ámbitos financieiro, político e xurídico.
Pedro Puy ve “preocupante” a aprobación da nova lei de transferencia da AP-9 a Galicia que rompe co acordo do Parlamento galego, sinalando que non está garantido que o Estado asuma os custos asociados á transferencia, como o mantemento das bonificacións das peaxes, as inversións comprometidas ou a indemnización á concesionaria en caso de que a Unión Europea o ditamine. Para Puy, a incertidume financieira “é máxima” con esta lei modificada.
Para o deputado do PPdeG resulta “lamentable” que o BNG, na anterior tramitación da Proposición de Lei solicitase a retirada das emendas, -cousa que o PP fixo-, e que, sen embargo, o pasado 22 de abril votase en Galicia a favor de defender en Madrid a literalidade do texto orixinal, e, na realidade, os nacionalistas galegos participaron na modificación substancial da proposta “ás costas do grupo maioritario en Galicia e no Congreso, o PP”.
Igualmente, afea a "hipocrisía" de Junts, que sinalou no debate a súa postura a favor deste texto deturpado "porque llo pide o BNG" e, sen embargo, os independentistas cataláns admiten que estas condicións económicas "non lle valerían para Cataluña". Para os populares, isto amosa tamén que partidos políticos similares ao BNG noutras comunidades autónomas, como é o caso de Junts, “non quererían para eles o que os independentistas galegos defenden Madrid, porque, a realidade é que non lles importa Galicia”.
Os populares insisten en que “é fundamental” que esta transferencia veña acompañada dos “recursos económicos necesarios para a súa xestión e para manter todos os compromisos adquiridos ata agora”. Neste sentido, a responsable de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, enviou esta semana unha carta ao ministro de Transportes, Óscar Puente, para esixirlle a volta á proposta de transferencia da autopista AP-9 a Galicia, lembrando que hai uns días, o Parlamento galego aprobou unha proposición que reafirma o posicionamento de Galicia en relación con la transferencia de la AP-9. Allegue advirte a Puente de que o Goberno galego rexeita “calquera reinterpretación, limitación ou condicionante" ao traspaso da autopista.
UN PROBLEMA
PARA A COHESIÓN SOCIAL E TERRITORIAL
Pedro Puy
sinalou hoxe no debate desta lei a importancia da AP-9: “Estamos ante un
problema para Galicia, pero non exclusivamente galego, porque afecta á cohesión
social e territorial de España e á competitividade das empresas que operan na
contorna de da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, Asturias e Castela e León”.
Así mesmo, lembrou o agravio comparativo histórico con Galicia, xa que os
usuarios da AP-9 soportan as peaxes máis caras do país.
“Alguén
debería explicar por que se traizoan os acordos previos en Galicia e ata os acordos
entre o PSOE e o BNG para a investidura de Sánchez no 2020, que garantizaban o
traspaso libre de cargas da AP-9 xa ese mesmo anp”, concluíu Puy, que
reivindicou ao PPdeG como o partido que “si mantén compromisos e si defende os
intereses da cidadanía”.
