sábado, 6 de junio de 2026

Con José María Fonseca, na entrega os premios da Bienal Internacional de Cartelismo Terras Gauda – Concurso Francisco Mantecón no seu 25 aniversario

 



Asisto onte na estación marítima de Vigo ao acto de entrega dos premios da Bienal Internacional de Cartelismo Terras Gauda – Concurso Francisco Mantecón que nesta edición no acadou un fito histórico de participación con 2.120 carteis procedentes de 82 países dos cinco continentes.


Ao longo dos seus 25 anos de historia, o certame foi catalizadora da arte de talentos emerxentes, profesionais cunha traxectoria significativa, profesores de universidade e estudos de deseño de renome, reunindo nas súas diferentes edicións 23.300 obras de 107 países.

O xurado distinguiu nesta edición por unanimidade a obra de Hung-Chang Lin pola “súa forza visual, o seu carácter minimalista e a súa extraordinaria capacidade para captar a atención do espectador”. Lin, é profesor de Deseño de Comunicación Visual na Jinwen University of Science and Technology de Taipei


Parabéns a este gran home que é José María Fonseca, creador deste Concurso en homenaxe ao seu amigo Francisco Mantecón, autor do deseño da bodega Terras Gauda nos seus inicios.  E por suposto a todos os que traballaron nestes  primeiros vintecinco anos, con especial mención a María José Sánchez.

https://enoturismo.terrasgauda.com/terras-gauda/

https://www.franciscomantecon.com/2026/index.php