O 12 de maio os deputados ourensáns do PP, Celso Delgado, Ana Vázquez e Rosa Quintana rexistraron no Congreso unhas novas preguntas dirixidas ao Ministerio de Transportes e Movilidad Sostenible (MITMS) coa finalidade de activar a licitación do primeiro tramo da Autovía A-76 entre Villamartín da Abadía e Requejo de denunciar os retrasos dos seguintes: O Barco de Valdeorras-A Veiga de Cascallá-Requejo.
Varios medios de comunicación ourensáns fanse eco diso:
O diario "O Sil" titula “Os deputados ourensáns do PP
no Congreso volven preguntar pola A-76 ante “os enormes retrasos”
Dí así:
"Os deputados ourensáns do PP volven preguntar sobre a A-76. O 12 de maio Celso Delgado, Ana Vázquez e Rosa Quintana rexistraron no Congreso unha nova batería de preguntas dirixidas ao Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible (MITMS) “coa finalidade de activar os demorados e mesmo abandonados trámites dos proxectos da Autovía A-76 entre O Barco de Valdeorras e Ponferrada”.
As preguntas formuladas polos populares son as seguintes:
1. Despois de máis de oito anos de atraso desde a aprobación en
abril de 2028 do proxecto de trazado, en que data finalizará o Ministerio de
Transportes e Movilidad Sostenible, a redacción do proxecto de construción do
tramo O Barco- A Veiga de Cascallá da Autovia A-76 Ponferrada-Ourense?
2. Que explicacións dá o Ministerio de Transportes e Movilidad
Sostenible para intentar xustificar o incumprimento do compromiso oficial de
finalizar en maio de 2019 a redacción do proxecto construtivo do tramo O
Barco-A Veiga de Cascallá da Autovia A-76 Ponferrada-Ourense?
3. Que empresa pública ou privada está a encargarse de executar o
contrato para a redacción do proxecto de construción do tramo O Barco-A Veiga
de Cascallá da autovía A-76?
4.Que cronograma manexa o Ministerio de Transportes e Movilidad Sostenible en relación co impulso do tramo O Barco- A Veiga de Cascallá da Autovía A-76 Ponferrada-Ourense?
A maiores preguntan, por que data de 2026 compromete o
Ministerio para licitar as obras da A-76 Ponferrada-Ourense, tramo Villamartín
de la Abadía Requejo."