O Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones
publicou hoxe os datos de afiliación á Seguridade Social de marzo de 2026 .
E así sabemos que neste mes o número de afiliacións en
Galicia situouse en 1.103.820 persoas, tras aumentar en 7.944, un incremento do
0,72 %.
Galicia pechou abril con 16.386 cotizantes máis ca en abril do ano pasado( 1,51 %)
O número medio de afiliacións á Seguridade Social aumentou respecto a abril de 2025 en todas as provincias galegas. A Coruña é a provincia que presenta a maior subida nas afiliacións cunha taxa de variación interanual do 1,68%, seguida de Pontevedra (1,64%), Ourense (1,05%) e Lugo (0,83%).
No que respecta ás afiliacións medias deste mes de abril respecto ás do mes de marzo, Lugo é a provincia que presenta a maior subida nas afiliacións cunha taxa de variación intermensual do 0,97%, seguida de Pontevedra (0,76%), A Coruña (0,72%) e Ourense (0,34%).
Ourense
O número de afiliacións en Ourense situouse en 108.450 persoas, tras aumentar en 365, un incremento do 0,34 %.
A nivel internanual as afiliacións creceron en 1.127 persoas, un 1,05 %.