lunes, 6 de abril de 2026

O paro rexistrado en Galicia baixa en marzo un 1,20 % e queda fixado en 114.670 persoas cunha baixada interanual do -3,76 %

 


Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) difundiu onte os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de marzo de 2026.

Galicia

O mercado laboral galego acaba o mes de marzo con 114.670  persoas paradas medrando en relación co mes anterior en - 1.388  persoas (-1,20 %)), cun mellor comportamento cá media estatal (-0,94 %).

Na comparativa interanual, o paro baixou en 4.485 persoas (-3,76 %). 

O paro tamén se reduce nas catro provincias galegas e en todos os sectores de actividade, liderando a baixada a construción (-9,83 %), seguida do sector primario (-6,65 %), da industria (-4,62 %) e, por último, dos servizos (-2,93 %).

Canto aos colectivos prioritarios, tanto no caso das mulleres como no dos parados de longa duración rexístrase a cifra máis baixa de desemprego para un mes de marzo de toda a serie (maio 2005). No caso das mulleres desempregadas a redución anual é de 2.434 persoas (-3,52 %) e no dos parados de longa duración a baixada é de 3.514  (-5,96 %).

Ourense 

Medra o paro rexistrado en febreiro na provincia de Ourense en relación co mes anterior en 22 persoas, un  0,16 %.

O número de parados queda en 14.194 deles 5.980 son homes e 8.214 mulleres, 13.441 son maiores de 25 anos e 753 menores.

Por sectores, 647 son da agricultura, 1.333 da industria, 794 da construción, 9.901 dos servizos e 1.519 do colectivo sen emprego anterior.

Na comparativa interanual, o paro baixou en -182 persoas (-1,27 %).