lunes, 6 de abril de 2026

Galicia pecha o mellor marzo en afiliacións con 1.095.875 cotizantes, deles 108.085 en Ourense

 


O Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones publicou hoxe os datos de afiliación á Seguridade Social de marzo de 2026 de Galicia 

Neste mes o número de afiliacións en Galicia situouse en 1.095.875 persoas, tras aumentar en 7.644, un incremento do 0,70 %.

Estos datos supón  un 1,53% máis que no mesmo mes de 2025. En España, a taxa de variación interanual foi do 2,46%.

Información por provincias

O número medio de afiliacións á Seguridade Social aumentou respecto a marzo de 2025 en todas as provincias galegas. A Coruña é a provincia que presenta a maior subida nas afiliacións cunha taxa de variación interanual do 1,77%, seguida de Pontevedra (1,51%), Ourense (1,25%) e Lugo (0,91%).

No que respecta ás afiliacións medias deste mes de marzo respecto ás do mes de febreiro, Lugo é a provincia que presenta a maior subida nas afiliacións cunha taxa de variación intermensual do 0,94%, seguida de A Coruña (0,73%), Pontevedra (0,68%) e Ourense (0,37%).

Ourense

No mes de marzo de 2026, o número de afiliacións en Ourense situouse en 108.085 persoas, 401 máis que no mes anterior.

Na comparativa interanual a afiliación na provincia medrou en 1.336 persoas (1,25 %).