O diario “O Sil” publicou o pasado xoves una información que titula "Deputados do PP preguntan no Congreso sobre os “importantes retrasos de ADIF nos proxectos de modernización da liña Monforte-Covas".
Os deputados ourensáns do PP Celso Delgado, Ana Vázquez e
Rosa Quintana e os seus homólogos lucenses Francisco Conde, Jaime de Olano e
Cristina Abades, rexistraron o pasado 25 de marzo de 2025 varias preguntas
dirixidas ao Goberno sobre asuntos ferroviarios relativos ao tramo
Covas-Monforte de Lemos, dun 85 km de lonxitude, que forma parte do Corredor
Atlántico ferroviario, no traxecto Vigo-Ourense-Monforte de
Lemos-Valdeorras-Ponferrada- León.
Estes
parlamentarios amosan a súa preocupación “polos importantes atrasos que acumula
a redacción dos proxectos de mellora, en caso necesario, de desmontes,
terrapléns, pontes, túneles e obras de drenaxe, así como a renovación de
elementos de vía neste tramos entre Monforte de Lemos e Covas”. E cren que
“será imposible que Adif licite en 2026 as obras e que en consecuencia poida
cumprirse o compromiso coa Comisión Europea de finalizar a rede básica do
Corredor Atlántico antes do 31 de decembro de 2030”.
Neste
senso, presentaron as seguintes preguntas ao Goberno:
“Finalizou xa a execución por parte da empresa adxudicataria dos
traballos contratados en xaneiro de 2022 por ADIF destinados á rehabilitación
do cable de enerxía de 2.200 V no tramo Covas-Monforte de Lemos, pertencente á
liña 800 A Coruña-León? En que data?
En cantos meses superou a
empresa adxudicataria o prazo de doce meses que figura estipulado no contrato
formalizado por Adif? Que razóns xustificaron a enorme demora na súa concusión?
