miércoles, 4 de marzo de 2026

Galicia acada o mellor febreiro en afiliacións con 1.088.231 cotizantes


O Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones publicou onte 3 de marzo os datos de afiliación á Seguridade Social de febreiro de 2026.
 

Principais resultados

  • No mes de febreiro de 2026, o número de afiliacións en Galicia situouse en 1.088.231, un 1,52% máis que no mesmo mes de 2025. En España, a taxa de variación interanual foi do 2,24%.
  • En Galicia, en termos interanuais, as afilacións ao réxime xeral subiron un 1,97%, mentres que no réxime especial de autónomos subiron un 0,08%.

Na comparativa interanual, obsérvase un aumento de 16.283 afiliacións en Galicia (1,52%) e un aumento do 2,24% (474.482 afiliacións) en España.


Por comunidades e cidades autónomas, 17 rexistran un incremento das afiliacións respecto a xaneiro de 2026. Illas Baleares (2,75%) e Murcia (1,07%) son as que máis soben e Castela-A Mancha (-0,21%) a que máis baixa.


En canto ás taxas respecto a febreiro de 2025, rexístranse taxas positivas en todas as comunidades e cidades autónomas. Os aumentos máis acusados prodúcense en Melilla (5,64%) e Comunidade Valenciana (3,54%).


Información por provincias


O número medio de afiliacións á Seguridade Social aumentou respecto a febreiro de 2025 en todas as provincias galegas. A Coruña é a provincia que presenta a maior subida nas afiliacións cunha taxa de variación interanual do 1,81%, seguida de Pontevedra (1,53%), Ourense (1,39%) e Lugo (0,5%).


No que respecta ás afiliacións medias deste mes de febreiro respecto ás do mes de xaneiro, A Coruña é a provincia que presenta a maior subida nas afiliacións cunha taxa de variación intermensual do 0,58%, seguida de Pontevedra (0,36%), Ourense (0,28%) e Lugo (0,02%).


Información segundo o réxime de afiliación


En febreiro de 2026, as afiliacións ao réxime xeral concentran o 79,75% das afiliacións galegas, cun aumento do 0,49% respecto ao mes anterior e un aumento interanual do 1,97%. En España, as taxas foron do 0,49% respecto a xaneiro de 2026 e do 2,47% en relación ao mes de febreiro de 2025. Por provincias, Lugo é a que presenta unha porcentaxe menor de afiliacións ao réxime xeral (74,62%).


Nas afiliacións ao réxime especial de autónomos, Lugo (-0,86%) e Ourense (-0,39%) presentan unha taxa de variación interanual negativa, mentres que Pontevedra (0,48%) e A Coruña (0,24%) presentan unha taxa de variación interanual positiva. A media da comunidade galega sitúase entón no 0,08%. Para este réxime e respecto ao mes de xaneiro de 2026, baixan as afiliacións en Lugo (-0,09%), mentres que soben en A Coruña (0,12%), Pontevedra (0,07%) e Ourense (0,06%). O conxunto de Galicia presenta unha taxa intermensual do 0,07%. En España, este réxime presenta unha subida interanual do 1,11% e unha subida intermensual do 0,23%.


No réxime especial do mar, a taxa de variación interanual en Galicia foi do -3,91%, con todas as provincias en negativo: A Coruña (-6,02%), Lugo (-5,94%) e Pontevedra (-2,78%). Respecto a xaneiro de 2026, a taxa galega é do 0,29%, baixando as afiliacións en Lugo (-1,4%) e subindo en A Coruña (1,05%) e Pontevedra (0,18%). En España, as taxas indican unha baixada interanual do 1,59% e unha subida intermensual do 1,08%.



Fonte: Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones. Estadística de Afiliación de Trabajadores a la Seguridad Social. Procesada polo IGE.