miércoles, 4 de marzo de 2026

O mercado laboral galego acaba o mes de febreiro con 116.058 persoas paradas e na omparativa interanual, o paro baixou en 4.919 persoas

 


Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) difundiu onte os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de febreiro de 2026.

Galicia

O mercado laboral galego acaba o mes de febreiro con 116.058  persoas paradas medrando en relación co mes anterior en 914  persoas (0,79 %). 

Na comparativa interanual, o paro baixou en 4.919 persoas (-4,07 %). 

Ademais, o paro tamén se reduce nas catro provincias galegas e en todos os sectores de actividade, liderando a baixada a construción (-8,97%), seguida do sector primario (-8,69%), da industria (-6,10%) e, por último, dos servizos (-3,13%).

En canto aos colectivos prioritarios, tanto no caso das mulleres como no dos parados de longa duración, rexístrase a cifra máis baixa de desemprego para un mes de febreiro de toda a serie (maio 2005). No caso das mulleres desempregadas a redución anual é de 2.641 persoas (-3,77%) e no dos parados de longa duración a baixada é de 3.460  (-5,85%).

Ourense 

Medra o paro rexistrado en febreiro na provincia de Ourense en relación co mes anterior en 115 persoas, un  0,82 %.

O número de parados queda en 14.172 deles 5.895 son homes e 8.277 mulleres, 13.442 son maiores de 25 anos e 730 menores.

Por sectores, 636 son da agricultura, 1.346 da industria, 804 da construción, 9.889 dos servizos e 1.497 do colectivo sen emprego anterior.

Na comparativa interanual, o paro baixou en -239 persoas (-1,66 %).