martes, 3 de febrero de 2026

En xaneiro o paro rexistrado en Galicia medrou en relación co mes anterior un 2,78 % e en Ourense un 3,76 %



Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) difundiu hoxe os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de xaneiro de 2026.

Galicia

O mercado laboral galego acaba o mes de xaneiro con 115.144 persoas paradas medrando en relación co mes anterior en 3.113  persoas (2,78 %). Como adoita acontecer nos meses de xaneiro, rexístrase unha subida no paro, debido a finalización da campaña de Nadal.

Na comparativa interanual, o paro baixou en 6.176 persoas (-5,09 %). Ademais, o paro tamén se reduce nas catro provincias galegas, nas sete grandes cidades e en todos os sectores de actividade, liderando a baixada a construción (-9,81%), seguida do sector primario (-9,39%), da industria (-7,62%) e, por último, dos servizos (-4,08%).

Ourense 

Medra o paro rexistrado en xaneiro na provincia de Ourense en relación co mes anterior en 510 persoas, un  3,76 %.

O número de parados queda en 14.057 deles 5.876 son homes e 8.181 mulleres, 13.358 son maiores de 25 anos e 699 menores.

Por sectores, 662 son da agricultura, 1.342 da industria, 792 da construción, 9.810 dos servizos e 1.451 do colectivo sen emprego anterior.

Na comparativa interanual, o paro baixou en -332 persoas (-2,31 %).