sábado, 28 de febrero de 2026

O pleno da Deputación de Ourense aproba unha moción na que reclama ao Goberno central o remate da autovía A-56 (Ourense-Lugo), descartando a súa conversión nun simple corredor

 


O pleno da Deputación de Ourense, na sesión correspondente ao mes de febreiro, aprobou onte por unanimidade unha moción na que se reclama ao Goberno central o remate da autovía A-56 (Ourense-Lugo), descartando a súa conversión nun simple corredor, esixindo un calendario de execución de todos os tramos pendentes e a consignación nos orzamentos xerais do Estado das partidas necesarias para rematar a autovía no menor prazo posible.

Á Xunta de Galicia pídeselle unha defensa firme e activa desta infraestrutura, e á Deputación de Ourense que lidere unha fronte común cos concellos polos que discorre o trazado, promovendo reivindicacións conxuntas.