Alberto Núñez Feijóo sempre defendeu un reforzo nas salvagardas que evitasen perturbacións no mercado e un prexuízo nos agricultores e gandeiros.
Tras varios meses de traballo, o PP no Parlamento Europeo logrou unha redución substancial dos limiares de activación das salvagardas. Nun primeiro momento esta barreira situábase no 10% interanual en sectores sensibles, pero finalmente o texto resultante do acordo fixa un limiar do 5 %, unha medida fundamental porque permite actuarantes de que o dano ao mercado sexa irreversible.
Estas cláusulas de salvagarda tamén recollen a protección necesaria para os agricultores fronte a unha caída significativa dos prezos. O Regulamento recoñece como prexuízo grave para o agricultor cando os prezos medios de importación caen máis dun 5 % e sitúanse polo menos un 5% por baixo dos prezos europeos. Esta é unha decisión importante xa que, para moitos sectores agrícolas este é o verdadeiro termómetro do dano ao que se enfrontan.
Ademais, aínda que o regulamento fixa limiares obxectivos do 5 % para a activación automática das salvagardas, a Comisión non queda limitada exclusivamente a esas porcentaxes. O PP conseguiu que, mesmo cando non se alcance exactamente ese limiar, a Comisión poida actuar se existen indicios claros de deterioración da situación económica do sector.
Un dos últimos logros conseguidos polo Partido Popular foi incorporar na lista de produtos sensibles o sector dos cítricos para protexer aos produtores de laranxas, mandarinas e limóns, respondendo así a unha demanda importante para o campo español.
SEGUIMENTO E VIXILANCIA
A unha Comisión Europea deberá monitorizar de forma “continua e constante” as importacións e variacións de prezos de produtos sensibles e presentar informes cada seis meses.
O Regulamento garante a activación rápida do mecanismo de salvaguardias nun prazo máximo de 21 días. Ademais, conseguimos incluír unha declaración formal da Comisión Europea para avanzar conforme ao principio de reciprocidade na aliñación nos estándares de produción aplicables ás importacións, en benestar animal, uso de pesticidas, seguridadealimentaria e condicións laborais.
Este plan contempla un incremento do 50% das auditorías en terceiros países, un seguimento máis estrito dos produtos e o reforzo dos controis nos principais puntos de entrada na UE. Así mesmo, grazas ás esixencias que pediu Feijóo, poñerase en marcha un Frontex Agroalimentario para mellorar a eficacia dos controis.
O Partido Popular de Galicia celebra o aval do Parlamento Europeo
Trátase dunha serie de medidas extraordinarias que protexen integramente aos agricultores e gandeiros galegos, como leva tempo esixindo o PPdeG, que sempre defendeu un reforzo nas salvagardas que evitasen perturbacións no mercado e un prexuízo no sector.
Así, co voto a favor tamén dos eurodeputados galegos Francisco Millán Mon e Adrián Vázquez, os populares conseguiron unha redución substancial dos umbrais de activación das salvagardas. Nun primeiro momento esta barreira situábase no 10% interanual en sectores sensibles, pero finalmente o texto resultante do acordo fixa un umbral do 5%, unha medida fundamental porque permite actuar antes de que o dano ao mercado sexa irreversible.
“Non se está falando de salvagardas simbólicas, senón dun instrumento operativo, rápido e xuridicamente sólido, que ofrece unha protección real fronte a posibles distorsións derivadas do Acordo UE–Mercosur”, afirman os populares. Ademais, sinalan que “durante a negociación, houbo unha liña vermella que defendemos desde o primeiro día: que a apertura comercial non se fixese á custa do campo europeo. E iso é exactamente o que conseguimos.”
“O BNG NON APOIA AO AGRO GALEGO”
O BNG, en cambio, “votou unha vez máis en contra do agro galego, non apoiando o Regulamento das Salvagardas e optando pola aplicación provisional do Acordo UE-Mercosur sen medidas adicionais de protección para os agricultores e gandeiros”.
Ademais, lamentan desde o PPdeG, a súa postura “supuxo non apoiar auditorías en orixe e que haxa máis controis”.
En definitiva, “o BNG está a utilizar aos agricultores e gandeiros ao non dicirlles a verdade e asegurar en xaneiro que o Acordo se bloquearía se se mandaba ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea —non é o caso—; e hoxe volveunos traizoar ao non apoiar as medidas adicionais de protección para o sector primario”.
“A súa postura só demostra unha actitude destrutiva con Europa e co sector agrogandeiro de Galicia”, conclúen os populares.
