Hai xusto dous anos os galegos falaron nas urnas cunha altísima participación e dunha maneira moi clara decidiron un claro gañador das eleccións o PP de G.
Alfonso Rueda acadou a súa primeira maioría absoluta como candidato e consolidou a senda de cinco conseguidas desde a primeira lograda por Feijóo en marzo de 2009.
O PP conseguiu 700.491 papeletas (o 47,36 % dos votos) e 40 escanos no Parlamento de Galicia. Dous máis que os necesarios para gobernar a comunidade sen necesidade de pactos.
O BNG de Ana Pontón foi segundo, obtivo 467.074 papeletas (31,57 %) e 25 escanos, seis máis que fai catro anos.
O PSdG- PSOE quedou en terceira posición, con 207.691 votos (14,04 %) e obtivo 9 escanos. Os socialistas colleitaron o peor resultado da súa historia. Os galegos censuraron dunha maneira manifesta a xestión de Pedro Sánchez.
E en cuarto lugar apareceu Democracia Ourensá, que obtivo 15.312 papeletas en Ourense (1,03%) e un escano.
Nesas eleccións os ourensáns acudiron masivamente ás urnas (68,96 %) e falaron claro decidindo que o Partido Popular fora o máis votado en 87 dos 92 municipios da provincia, o que supuxo manter os oito deputados cos que xa contaba no Parlamento de Galicia.
O PP obtivo 86.144 votos, un 49,90 % do total. Na provincia de Ourense, 1 de cada 2 veciños apoiaron ao PP, unha victoria incontestable pois obtivemos máis que todos os votos xuntos conseguidos polas formacións políticas de Ourense que obtiveron representación no Parlamento de Galicia.
Dous anos despois o executivo de Alfonso Rueda traballa cada día para estar á altura desa confianza e para demostrar que hai outra forma de facer as cousas: un xeito propio, estilo Galicia Calidade. Seguimos coa mesma forza do primeiro día.
