lunes, 5 de enero de 2026

Galica termina 2025 con 112.031 personas desempregadas rexistradas, un 5,73 % menos que en el año anterior. E Ourense termina con 13.547 parados, un 4,88 menos.

 






Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) difundiu hoxe os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de decembro de 2025.

Galicia

O mercado laboral galego acaba o mes de decembro con 112.031 persoas paradas medrando en relación co mes anterior en 459  persoas (0,41 %). É a cifra de paro máis baixa nun mes de decembro desde que hai rexistros (1996) 

Na comparativa interanual, o paro baixou en 6.807 persoas (-5,73 %). O paro baixa nas catro provincias galegas, nas sete grandes cidades e en todos os sectores de actividade, liderando a baixada o primario (-10,56%), seguido da construción (-9,25%), da industria (-7,96%)  e, por último, dos servizos (-4,73%).

Ourense 

Baixa o paro rexistrado en decembro na provincia de Ourense en relación co mes anterior en -64 persoas, un  -0,47 %.

O número de parados queda en 13.547 deles 5.745 son homes e 7.892 mulleres, 12.896 son maiores de 25 anos e 651 menores.

Por sectores, 668 son da agricultura, 1.338 da industria, 796 da construción, 9.365 dos servizos e 1.380 do colectivo sen emprego anterior.

Na comparativa interanual, o paro baixou en -695 persoas (-4,88 %).