O Partido Popular de Galicia sacará músculo esta fin de semana, “en positivo e con propostas”, na 28ª Interparlamentaria do PP, en contraste coa oposición galega, que “segue instalada no ‘non’ e no bloqueo sistemático”.
“Imos demostrar unha vez máis que o PPdeG é o partido galego maioritario no Parlamento de Galicia, no Congreso dos Deputados, no Senado e no Parlamento Europeo”, sinalou a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, durante a presentación do acto que se celebra desde a mañá do sábado na Coruña.
A número dous dos populares galegos puxo en valor o liderado do presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, amosando que “somos o partido co que Galicia Goberna”, e tamén o papel do líder nacional Alberto Núñez Feijóo.
