Difunde hoxe o INE a EPA do IV trimestre de 2025. Estos son os principais datos.
Galicia pechou 2025 con un total de 106.900 desempregados, 2.500 menos que un ano antes (-2,28%), mentres que foros creados 33.700 empregos ao longo do exercicio (+2,92%), con un global de 1.186.900 ocupados.
A taxa de paro en Galicia diminuíu en 0,4 puntos porcentuais en termos interanuais, situándose no 8,3 %.
Poboación activa
A taxa de actividade aumentou no cuarto trimestre en un punto porcentual respecto ao mesmo período do ano anterior, situándose no 54,1 %. No caso dos homes, a taxa incrementouse en 0,2 puntos porcentuais ata alcanzar o 56,9 %, mentres que entre as mulleres o aumento foi de 1,9 puntos porcentuais, situándose no 51,6 %
Poboación ocupada
O número de persoas ocupadas en Galicia aumentou no cuarto trimestre un 2,9 % respecto ao mesmo período do ano anterior, situándose en 1.186.900 persoas. A poboación ocupada feminina aumentou un 2,8 %, fronte ao 2,2 % da ocupación masculina no mesmo período. Deste xeito, a poboación ocupada masculina, con 596.900 homes, é lixeiramente superior á feminina, que suma 590.000 mulleres.
Poboación parada
A taxa de paro reduciuse no cuarto trimestre en Galicia en 0,4 puntos porcentuais en termos interanuais, situándose no 8,3 %. A taxa de paro masculina incrementouse en 0,4 puntos porcentuais, situándose no 8,0 %, mentres que a taxa de paro feminina quedou no 8,5 %, cun descenso interanual de 1,3 puntos porcentuais.
O número de persoas paradas en Galicia ascende a 106.900, cun descenso interanual do 2,3 %. Delas, 52.000 son homes, cun incremento do 6,8 %, e 54.900 son mulleres, cun descenso do 9,6 %.
A taxa de
paro en Galicia mantívose por debaixo da española nos últimos 12 trimestres,
situándose no cuarto trimestre de 2025 1,6 puntos porcentuais por baixo da
española, ao situarse no 8,3 %, fronte ao 9,9 % a nivel estatal.
OURENSE
|
A provincia de Ourense
rematou 2025 cunha taxa de actividade do 47,6%, de ocupación do 43,8% e de paro do 8 % |
