Visito hoxe o Santuario de Santa María das Ermidas no concello de O Bolo, e puiden ver a restauración de varias obras artísticas ubicadas no seu interior que contaron co apoio da Xunta de Galicia.
En concreto, interveuse no Retablo do Camarín así como en catorce obras pictóricas en 2024 e 2025 . Entre eles, restauráronse os retratos de San Vicente Ferrer e o bispo Antonio Senso Lázaro. O Retablo do Camarín data de época barroca, mentres que os cadros restaurados son dos séculos XVIII e XIX.
O Santuario das Ermidas foi declarado Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia en 2006. É unha xoia do barroco galego e un dos principais santuarios marianos de Galicia xunto ao de Muxía.
Tamén puiden ver o Muíño fariñeiro a carón do río Bibei.






