martes, 2 de diciembre de 2025

No mes de novembro o paro rexistrado en Galicia baixou un -1,60 % e en Ourense un -1,10 %

 


Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) difundiu hoxe os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de novembro de 2025.

Galicia

O mercado laboral galego acaba o mes de novembro con 111.572 persoas paradas baixando en relación co mes anterior en -1.814  persoas. É a cifra de paro máis baixa nun mes de novembro desde que hai rexistros (1996). Tamén baixa o paro a nivel intermensual (-1,60 %), a un ritmo maior que a media estatal (-0,77%), sendo neste caso Galicia a comunidade autónoma de España na que máis cae o desemprego en porcentaxe.   

Na comparativa interanual, o paro baixou en 10.170 persoas (-8,35 %), máis de dous puntos de diferenza en relación ao conxunto do Estado (-6,23 %)  e situándose Galicia como a segunda comunidade na que máis baixa o paro en porcentaxe. 

En relación coa comparativa anual, o paro baixa nas catro provincias galegas, nas sete grandes cidades, en todos os sectores de actividade, liderando a baixada o primario (-12,19%), seguido da industria (-11,46%), da construción (-10,98%) e, por último, dos servizos (-7,39%).

No relativo aos colectivos prioritarios, tanto no caso das mulleres como dos menores de 30 anos e dos parados de longa duración, rexístrase a cifra máis baixa de desemprego para un mes de novembro de toda a serie histórica (maio 2005). No caso das mulleres desempregadas a redución anual é de 5.597 persoas (-7,92%), no caso das persoas desempregadas menores de  30 anos, hai 498 menos (-3,57%) e 6.185 menos en relación cos parados de longa duración (-10,07%).

Ourense 

Baixa o paro rexistrado en novembro na provincia de Ourense en relación co mes anterior en 164 persoas, un  -1,10 %.

O número de parados queda en 13.611 deles 5.716 son homes e 7.895 mulleres, 12.928 son maiores de 25 anos e 683 menores.

Por sectores, 672 son da agricultura, 1.343 da industria, 784 da construción, 9.363 dos servizos e 1.449 do colectivo sen emprego anterior.

Na comparativa interanual, o paro baixou en 1.330 persoas (-8,90 %).