jueves, 30 de octubre de 2025

Entrevistado en RadioVoz no programa "Despierta Galicia" falando da autoestrada AP-9

 


Interveño esta mañá no informativo máis madrugador de RadioVoz “Despierta Galicia” no que cada mañá Antía Díaz avanza desde as 7 a actualidade con todas as noticias de Galicia e o resto do mundo.

Un programa que se completa coa análise da actualidade que cada día achegan expertos e xornalistas como Uxío Labarta, Gonzalo Bareño, Rubén Santamarta, Lourenzo Fernández Prieto ou Ernesto Pascual, entre outros, e co comentario sobre a actualidade que achega Xosé Luis Barreiro.

O obxecto da entrevista foi a autoestrada da Atlántico AP-9 e mais en concreto a situación na que se atopa no Congreso a tramitación da PLO de transferencia da titularidade e as competencias desa autoestrada e sobre as previsións do Goberno central de iniciar a tramitación do rescate da concesión e liberalización da peaxe da devandita autoestrada.