Hoxe no capítulo de propostas aprobouse no Pleno da Deputacion de Ourense unha moción na que se reproba ao ministro Óscar Puente pola supresión de paradas do AVE na Gudiña.
A iniciativa do Partido Popular de Ourense saíu adiante co apoio de BNG e Democracia Ourensá, pero o PSOE desmarcouse cunha abstención rompendo a unidade política que marcara a reivindicación das paradas do AVE na Gudiña.
