Está mañá coñecemos a decisión do Goberno central de presentar recurso ao ditame da UE que anulaba as prórrogas da concesión da AP-9.
O MITMA nun comunicado di colaborar e responder a todos os requirimentos realizados pola Comisión Europea por responsabilidade e para velar polo interese común, como tamén fixemos nesta ocasión.
E sinala que “esta mesma mañá e unha vez consumido o prazo de dous meses desde o último Ditame Motivado, remitiuse unha resposta ampla á Comisión Europea na que España achega as aclaracións precisas e a información xustificativa a ter en conta á hora de que se poida realizar unha valoración sempre en defensa dos intereses xerais de España.”
Engade que “nesta fase non supón aínda o final do procedemento. Analizaremos os seguintes pasos da Comisión Europea con este recurso para, chegado o caso, esgotar as posibles opcións de resposta.”
A Xunta nun comunicado respostou afirmando que o Goberno Central volve castigar aos galegos, aos que condena a seguir pagando unha peaxe inxusta por esta autoestrada.
O Goberno galego critica a falta de valentía do Goberno central e lamenta que non se aproveite a oportunidade para rescatar a AP-9 e liberar a peaxe, ao tratarse da principal vía que vertebra a comunidade e ser a alternativa máis vantaxosa para o interese público.
Hai que lembrar que a Xunta elaborou un novo estudo no que eleva a 2.356 M€ o actual custo do rescate, que se ten incrementado desde os 2.331 M€ nos que o Goberno galegoa valiara esta medida no 2024. Neste senso, a Xunta considera que canto máis tarde se produza este rescate, será maior o prexuízo para os contribuíntes e usuarios da autoestrada.
A Xunta tamén leva 16 anos reclamando a transferencia da AP-9 xunto cos medios e servizos necesarios para a súa xestión, de forma que cumpra mellor a súa función de vertebración da Galicia atlántica.