Galicia
O mercado laboral
galego acaba agosto con 109.691 persoas, medrando o paro rexistrado en
relación co mes anterior en 1.833 persoas, un 1,70 %. É
Na comparativa interanual, o paro baixou en 8.987 persoas (-7,57 %). Na evolución anual o paro cae nas catro provincias, nas sete grandes cidades e en todos os sectores económicos, liderando a caída a construción (-12,47 %), seguido do sector primario (-11,30 %), da industria (-9,43 %) e, por último, do sector servizos (-6,60 %).
En relación cos colectivos prioritarios, tanto no caso das mulleres como dos menores de 30 anos e dos parados de longa duración, rexístrase a cifra máis baixa de desemprego para un mes de agosto de toda a serie histórica (maio 2005), rexistrando respectivamente unha caída anual de 4.876 persoas —o 6,93 %—, de 827 persoas —o 6,60 %— e de 5.619 persoas —o 9,22%—.
Ourense
Medra o paro
rexistrado en agosto na provincia de Ourense en relación co mes anterior en 255
persoas, un 1,95 %.
O número de parados
queda en 13.345 deles 5.412 son homes e 7.933 mulleres, 12.759 son maiores de
25 anos e 586 menores.
Por sectores, 586 son
da agricultura, 1.348 da industria, 790 da construción, 9.177 dos servizos e
1.444 do colectivo sen emprego anterior.